Balance de danos en Ourense logo das treboadas destes días
Balance de danos en Ourense logo das treboadas destes días
A marxe esquerda do Miño foi a zona máis afectada
Protección Civil e os bombeiros interviñeron en numerosos edificios
Xornada para facer balance de danos na cidade de Ourense logo das treboadas destes días.
Os edificios da marxe esquerda do Miño e as rúas do centro levaron a peor parte, con garaxes e baixos comerciais anegados logo dunha chuvia e pedrizo que provocaron por momentos o colapso do tráfico rodado.
A treboada deixou imaxes impactantes, como a da ponte medieval con case un metro de auga e moreas de negocios e portais cheos de auga.
Nun garaxe do barrio do 21, con 224 prazas, entraron augas fecais e os veciños temen que se produza un foco de infección.
Dous centros sanitarios de Ourense e un de Bande tamén padeceron entradas de auga, se ben non afectaron o servizo.
Aínda que as treboadas deron unha tregua durante a tarde, dende Protección Civil recomendan manter todas as precaucións xa que o risco segue presente e pódense volver vivir situacións de anegamento nas vindeiras horas.