Publicador de contidos
Publicador de contidos

Balance negativo en Rianxo no último día da campaña da voandeira

Balance negativo en Rianxo no último día da campaña da voandeira

Remata con 90.000 quilos menos que o ano pasado e con capturas máis ben pequenas

Rexistran unhas perdas de facturación de case o 70 % 

G24.gal 27/03/2024 14:25

Só tres barcos estaban saíron o estes días á voandeira desde Rianxo. No comezo da campaña, en novembro, eran 29. Foron abandonando ante a escaseza da especie. Chegan a porto con moi pouca captura. Pódese comprobar na lonxa.

No último día da campaña Miguel Ángel Iglesias, patrón maior da confraría de Rianxo conta que "o balance é moi malo, a voandeira baixou case 90.000 quilos desde o ano pasado. Tivemos un inverno moi duro e houbo moita mortaldade de voandeira. A que se estaba capturada era pequena, nada que ver coa voandeira grande do ano pasado".

Diferenza en cantidade e, consecuentemente, en facturación. Engade Miguel Ángel que "son 150.000 quilos ou máis de diferenza dun ano a outro. Ao mellor estes anos facturouse en voandeira 60.000 euros cando outros anos estás en 190.000 ou 200.000 euros, unha diferenza moi importante para unha confraría que é pequena".

Trátase dunha situación que pasa pola advertencia pero que, con todo, segundo di o patrón maior "afrontan con optimismo porque sempre hai que pensar que se pode recuperar, pero en si é un pouco alarmante pola situación que está atravesando o mar. Levamos meses advertindo que hai que facer un estudo da ría para saber que está pasando cos desoves porque estamos vendo que os desoves da voandeira, da ameixa e do berberecho están indo a menos e non sabemos cal é o motivo".

Todo para recuperar os bos datos de captura da especie estrela da campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar