Publicador de contidos
Publicador de contidos

Balnearios e casas rurais desafían o tempo inestable de Semana Santa

Balnearios e casas rurais desafían o tempo inestable de Semana Santa

Os balnearios de Ourense están ao 90 % de ocupación nos días festivos

A Ribeira Sacra supera os datos de anos anteriores á pandemia

Piscina exterior do balneario de Laias, en Cenlle
G24.gal 11/04/2022 14:24

Balnearios e casas rurais consolídanse, un ano máis, como as opcións máis demandadas na Semana Santa, especialmente cando as previsións meteorolóxicas, coma este ano, non acompañan.

Os balnearios do grupo Caldaria, en Ourense, son un exemplo. Para os días festivos manexan unha previsión de ocupación do 90 por cento, se ben é certo que en anos prepandémicos, a estas alturas, xa non quedarían prazas para reservar. A clientela, fundamentalmente de proximidade.

Alberto Canal, director de Comunicación de Caldaria: "Adoita vir xente de toda España, aínda que a maior porcentaxe é xente de Galicia, arredores, Asturias, Castela e León... e, en Lobios, portugueses".

Canda os balnearios, o turismo rural é o outro gran reclamo turístico para estas datas. Na comarca de Lugo e a Terra Chá, os índices de ocupación rozan o 65 % para os días festivos.

Lola Carreira, propietaria da Palleira de Lola: "Para Semana Santa témolo cheo, e estamos moi contentos. Sobre todo temos moito turismo de familia"

Beatriz Rodríguez, encargada da Casa Grande da Fervenza: "Xa tivemos unhas fins de semana moi boas o mes pasado e esta Semana Santa despuntamos, estamos ao 100 por cento".

Ribeira Sacra

Pero é a Ribeira Sacra a que volve concentrar a maior demanda, cos hoteis ao 91 % e as casas rurais e aloxamentos turísticos ao cen por cento. As previsións superan incluso ás de antes da pandemia, con cifras históricas tamén nos días laborais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade