Cargando resultados...
Bandas dos Balcáns están detrás das once toneladas de cocaína que entraron por Vigo e Valencia
Bandas dos Balcáns están detrás das once toneladas de cocaína que entraron por Vigo e Valencia
Vinte detidos en dúas operacións paralelas contra o tráfico de droga en contedores marítimos
G24.gal
11/12/2023 19:47
Última actualización 11/12/2023 21:10
Unha organización criminal dos Balcáns está detrás do alixo de 7.500 quilos de cocaína incautados a semana pasada nunha nave en Cambre.
A Policia Nacional dará nas próximas horas detalles desta operación e da que permitiu comisar outros 3.400 quilos da mesma substancia en Valencia.
En ambos os casos a droga chegou en contedores marítimos, no caso do alixo de Galicia foi a través do porto de Vigo. Nestas dúas operacións paralelas detiveron 20 presuntos integrantes de clans dos Balcáns encargados de distribuír a droga en Europa.