Publicador de contidos
Publicador de contidos

Barcelona e Manchester United empatan (2-2) tras un segundo tempo espectacular

Barcelona e Manchester United empatan (2-2) tras un segundo tempo espectacular

Será en Old Trafford onde se decidirá cal dos dous colosos do fútbol mundial avanzará na competición

G24.gal 16/02/2023 21:15

O Barcelona e o Manchester United empataron 2-2 na ida dos dezaseisavos de final da Liga Europa, con goles de Marcos Alonso e Raphinha para os blaugranas e de Marcus Rashford e Jules Koundé en propia portería para os red devils.

No minuto 50, Marcos Alonso cabeceou a gol un saque de esquina servido por Raphinha. Pero, tan só dous minutos despois, Rashford igualou o encontro ao internarse na área do Barcelona polo costado dereito e bater por baixo a Ter Stegen.

No 59, o Manchester United logrou o 1-2 ao introducir Koundé o balón na súa portería. O Barcelona reaccionou e, no 76, igualou o partido cun centro de Raphinha que se envelenou e que, ao Robert Lewandowski non chegar a rematalo, deixou vendido a De Gea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos