Publicador de contidos
Publicador de contidos

Barcelona será dos primeiros aeroportos en instalar tecnoloxía 3D nos controis de equipaxe

Barcelona será dos primeiros aeroportos en instalar tecnoloxía 3D nos controis de equipaxe

Os galegos terán que agardar ata o 2027 como mínimo

Control de seguridade nun aeroporto
G24.gal 13/12/2023 14:46

Pasar o control de equipaxes no aeroporto polos escáner 3D sen ter que sacar os líquidos e os dispositivos electrónicos é xa unha realidade, pero só nalgúns aeroportos.

"Eu son inglesa, e alí están. Hainos tamén en Italia, e é moi cómodo, porque non tes que sacar o ordenador e os líquidos e todo", comenta unha usuaria do aeroporto.

En España empezaremos a velos instalados o ano que vén, pero só en Madrid e en Barcelona. No resto dos aeroportos iranse implantando aos poucos. A Galicia chegarán con sorte no 2027.

"Sempre nos deixan para o último", lamenta outra.

Non facelo de forma simultánea en todos os aeroportos vai xerar moita confusión.

"Ata que estea en todos os aeroportos, estará caótico para os pasaxeiros, que non saben como facer".

Mentres os novos escáners 3D non estean implantados, toca seguir coa molesta rutina dos líquidos.

 "Iso de que levas o líquido aí metido e tes que sacar todo é en plan "ola!", e despois volver comprimir a maleta".

Hai quen opta xa por levalo todo na man.

"Porque sei o que vai pasar, e paréceme xenial que agora se vaia cambiar para poder levalo dentro da nosa equipaxe, porque xa que o temos todo organizado, volver sacar o ordenador, a auga, pois bebela antes de entrar, porque que sentido ten volvela mercar de novo dentro?".

Ademais dos escáners 3D, tamén se van montar liñas automatizadas para a xestión das equipaxes de man, co que se van reducir considerablemente os tempos nos controis de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade