Publicador de contidos
Publicador de contidos

Barcos pequenos do cerco véndense para países africanos, onde poden pescar sen cotas

Barcos pequenos do cerco véndense para países africanos, onde poden pescar sen cotas

Os armadores quéixanse da falta de cotas de sardiña e xurelo e dos atrancos burócraticos que dificultan vivir da pesca

Barcos en Portosín
G24.gal 10/05/2024 16:04

Cada ano, Galicia perde 40 barcos de pesca: ou ben porque se despezan ou ben porque se venden para outros países. Os armadores quéixanse de falta de cotas, dun exceso de burocracia e da falta de mariñeiros. O número de barcos en venda non deixa de aumentar.

En Portosín hai 3 barcos en venda: os tres do cerco. Hai uns anos poderían valer medio millón de euros. Hoxe, á metade de prezo, non hai quen os compre.

Issac Gaciño, patrón maior de Portosín, explica que "para traballar por aquí non os compra ninguén porque non o ven factible. Non obstante, explica que "si están interesados en compralos en África, para Mauritania ou Angola. Estanos levando para alá sen cotas e sen papeis, porque alá parece que se pode pescar así".

Os armadores din que non lles sae rendible ter un barco: por falta de cotas de sardiña e de xurelo, polos atrancos burocráticos, por falta de mariñeiros e tamén polo que cualifican como "persecución" das autoridades sobre barcos pequenos que xa sobreviven con dificultades.

Nos portos, din que moitas normas inxustas están acabando co principal sustento das vilas pequenas. Neste sentido Gaciño apunta que "deberían darnos máis facilidades poder traballar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade