Capitanía Marítima da Coruña quere restrinxir o uso de motos de auga na ría de Betanzos
Capitanía Marítima da Coruña quere restrinxir o uso de motos de auga na ría de Betanzos
A causa das excepcionais características na desembocadura do río Mandeo e dos problemas entre distintos usuarios da contorna marítimo-terrestre
Capitanía Marítima da Coruña está a promover unha nova normativa máis restritiva para as motos acuáticas na ría de Betanzos. As súas excepcionais características sobre todo na zona do Mandeo e a interacción entre moitos tipos de usuarios están a complicar a convivencia na contorna.
A nova normativa en período de alegacións está a levantar polémicas entre os usuarios. Á longa onda do Pedrido acoden a diario bañistas, surfistas, practicantes de stand up paddle ou de remo con caiac. As motos de auga pasan ás veces a gran velocidade entre eles causando situacións perigosas e moito malestar. Xa existe unha normativa que non se está cumprir en ocasións por falta de vixilancia ou porque non leva consigo multas disuasorias.
Capitanía quere restrinxir agora a navegación das motos de auga no Mandeo na zona marítimo-terrestre e reserva da biosfera, unha zona de baixa profundidade. Só poderían acceder a menos de tres nós de velocidade ás zonas balizadas e en tránsito ata puntos a menos de douscentos metros da costa e sen achegarse o resto de usuarios.
Capitanía busca con isto multas máis importantes aos motoristas máis agresivos. Pero dende a Asociación de Amigos da Ría non entenden matar moscas a canonazos, levan anos reclamando sinalización e din que non se pode prohibir circular por un río navegable ata os Caneiros.