Publicador de contidos
Publicador de contidos

Batet convoca a Mesa do Congreso a vindeira semana para tratar a votación de Casero

Batet convoca a Mesa do Congreso a vindeira semana para tratar a votación de Casero

O PP solicitara unha convocatoria urxente da Mesa do Congreso por entender que houbera unha "anomalía" no voto de Casero 

A convalidación do decreto publicouse hoxe no BOE

G24.gal 08/02/2022 13:34

O propio día da votación, o xoves pasado, o Partido Popular pediu unha reunión urxente da Mesa do Congreso para analizar o voto erróneo do seu deputado na reforma laboral. Pero a presidenta da cámara decidiu non convocala, nin tampouco esta semana e adíaa para a próxima.

Os populares critican a actuación de Batet.  José Luis Martínez-Almeida, voceiro nacional do PP, está convencido de que "se fose un deputado do PSOE, Mertixell Batet non tería ningunha dúbida en chegar ata o fondo do que pasou e tería convocado a Mesa do Congreso porque é o que lle esixe o regulamento".

O voto deste deputado non foi o único sobresalto da sesión. Dende Unidas Podemos poñen o foco neses segundos en que, erroneamente, a presidenta da cámara declaraba derrogada a reforma laboral.  Jaume Asens, presidente do grupo Unidas Podemos no Congreso, destaca "as caras de perplexidade, de preocupación, diría incluso que de pánico, dalgúns que votaron que non". Na súa opinión, expresan "os cálculos partidistas, curtopracistas, que algúns fixeron con esa votación, sabendo que podía afectar ao liderado de Yolanda Díaz".

Son críticas veladas a Esquerra Republicana que tamén lanza o PDeCAT. O seu voceiro no Congreso, Ferran Bel, ten "a impresión de que había moitos grupos parlamentarios que buscaban a outros para que lles aprobasen a reforma laboral que eles non querían aprobar por tacticismo político".

Dende o bloque da investidura, pídenlle ao Goberno que tome nota do acontecido pero o executivo fai a súa interpretación. Para a súa voceira, Isabel Rodríguez, "esta minoría parlamentaria coa que conta o Goberno implica que é moito máis meritorio todo o traballo que fomos capaces de facer nestes dous anos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade