Becerreá xa ten todo disposto para a chegada de 69 inmigrantes refuxiados
Becerreá xa ten todo disposto para a chegada de 69 inmigrantes refuxiados
Albergaranse nun establecemento local, que atenderán os membros da ONG Rescate
A localidade lucense destaca pola súa densidade de poboación baixa
Chega a Galicia o primeiro grupo de inmigrantes que recibirá a comunidade
Os 69 inmigrantes que chegarán a Becerreá albergaranse nun establecemento da localidade, onde os atenderán membros da oenegué Rescate para asistilos no que precisen. Pouco transcendeu desta operación, pero xa saben o que van cear.
Unha cooperativa da zona vaise ocupar do servizo de cátering. A chegada dos refuxiados mantén á expectativa a localidade.
Becerreá é unha localidade da montaña de Lugo cunha densidade de poboación moi baixa, polo que a chegada dos inmigrantes supón un aumento importante de poboación. Iso si, as opcións laborais son tamén reducidas.
Lograr a adaptación é cuestión de tempo. De momento a chegada dos refuxiados agárdase para esta mesma xornada.