Publicador de contidos
Publicador de contidos

Begoña Vázquez, de O Regueiro da Cova, gaña o premio Cociñeiro Galego 2024

Begoña Vázquez, de O Regueiro da Cova, gaña o premio Cociñeiro Galego 2024

É a primeira vez que unha muller consegue esta distinción

O galardón recoñece o labor de cociñeiros emerxentes que apostan pola cociña de proximidade

G24.gal 07/04/2024 21:01 Última actualización 07/04/2024 21:40

Era un dos momentos máis agardados do Foro Gastronómico. A verinesa Begoña Vázquez foi nomeada mellor cociñeira galega do ano. 

É un recoñecemento ao labor de cociñeiros emerxentes, sensibles coas producións ecolóxicas e que utilizan produtos de proximidade.

Desde 2016 Begoña Vázquez dirixe O Regueiro da Cova, en Verín, unha aposta polo rural e pola cociña tradicional e enraizada.

"Ten algo de innovación, pero intento buscar eses sabores antigos que non quero que se perdan e darlles un toque de novidade coas novas técnicas que temos agora", explica.

Demostrouno no primeiro taller desta edición do Foro Gastronómico, cociñando varios pratos de porco celta. Begoña Vázquez é a primeira muller que gaña o Premio Cociñeiro Galego.

"Hai moitísimas máis que están detrás. Este premio é para elas e para todas esas mulleres que estiveron sempre nas cociñas, que seguirán estando e que teñen que saír".

Talento, paixón e moitísimo traballo. Son a base do éxito de Begoña Vázquez, que despois do seu paso polo Foro vai poder gozar do seu primeiro día libre en dous meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade