Beryl ameaza a península do Iucatán tras causar nove mortos no Caribe
Beryl ameaza a península do Iucatán tras causar nove mortos no Caribe
O estado mexicano de Quintana Roo blíndase ante a inminente chegada do furacán
Beryl avanzará cara ao oeste do golfo de México xa como tormenta tropical
Beryl axitou Xamaica con vento de máis de 220 quilómetros por hora. O furacán deixou sen electricidade 400.000 persoas e as tormentas causaron inundacións en moitas zonas da illa. O Goberno mantivo o toque de queda ata as seis da mañá hora local.
Os expertos prevén que Beryl chegue esta noite a México, concretamente á península do Iucatán. O exército evacuou os cidadáns de lugares como punta Allen, moi expostos a estes ciclóns.
"Un furacán de categoría dous que faga medrar o mar e que una coa lagoa é moi perigoso para que a xente estea aquí", di unha muller.
O estado de Quintana Roo e as praias de Cancún acolleron o ano pasado 20 millóns de turistas. Esta é unha zona moi turística que se está blindando ante Beryl. O seu aeroporto é un fervedoiro de xente, agora por outros motivos. Alí están centos de turistas españois.
"Levan varios días avisando. Primeiro dicían que era de grao 1, que se ía desviar... Pero mañá xa está aquí. Din que van evacuar a xente, pero nós ímonos xa", comenta unha turista.
As previsións din que Beryl avanzará nos próximos días cara ao oeste do golfo de México, xa como tormenta tropical.