Publicador de contidos
Publicador de contidos

Besteiro avoga por lograr "unha Galicia limpa das mentiras que sementa o PP"

Besteiro avoga por lograr "unha Galicia limpa das mentiras que sementa o PP"

Anunciou a participación do PSdeG na manifestación convocada en Santiago para denunciar a xestión da vertedura

G24.gal 14/01/2024 16:58 Última actualización 14/01/2024 18:35

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xosé Ramón Gómez Besteiro, anunciou a participación do PSdeG na manifestación convocada o vindeiro domingo 21 en Santiago, por colectivos do mar e ecoloxistas, para denunciar a xestión da vertedura dos pellets na costa galega.

Nunha visita á praia de Portocubelo, na localidade de Lira, avogou por lograr nas eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro "unha Galicia limpa das mentiras que sementa o PP". 

Xunto aos rexedores de Carnota, Camariñas, Cee, Dumbría e Vimianzo, criticou a xestión do Goberno galego tras a chegada do granulado ao litoral que se centra, ao seu parecer, nas "mentiras" e nos "bandazos".

O último, segundo Besteiro, é o anuncio da creación dunha comisión encargada de analizar a toxicidade dos residuos plásticos após "semanas" nas que "negou" que fosen prexudiciais para a saúde.

Xuntanza coa confraría

O candidato socialista tamén mantivo unha xuntanza con representantes da Confraría de Pescadores de Lira, aos que estendeu a colaboración do Goberno central na "crise" dos pellets.

"A suma das Administracións é extraordinariamente importante", remarcou antes de afirmar que o seu partido levará a cabo un "seguimento" do cumprimento de "todas as Administracións" nas tarefas de limpeza "para pór fin á marea plástica".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade