Publicador de contidos
Publicador de contidos

Besteiro despide o ano entre fogóns cunha receita de 'Robin Food'

Besteiro despide o ano entre fogóns cunha receita de 'Robin Food'

O candidato do PSdeG á Xunta quixo homenaxear as persoas que lles toca cociñar nestas festas

G24.gal 31/12/2023 13:11 Última actualización 31/12/2023 15:57

O candidato do PSdeG á Xunta de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, despide o ano entre fogóns preparando unha receita do cociñeiro e xornalista David de Jorge, 'Robin Food'.

"Quero homenaxear a todos os que vos toca cociñar nas festas familiares como a de hoxe. A min sempre me toca", publicou Besteiro nas redes sociais como apoio ao vídeo no que vai narrando os pasos da receita.

O polo que preparou o político socialista inclúe un ingrediente secreto, o único que non é de Galicia, "2 ou 3 onzas de chocolate negro". Besteiro, que este sábado xa mandou a súa mensaxe de fin de ano, agradeceu aos seus fillos ser "reporteiros" na gravación e desexou "bo proveito e bo 2024". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade