Publicador de contidos
Publicador de contidos

Betanzos solicita á Xunta que recoloque varios grupos de gansos que atacan os veciños

Betanzos solicita á Xunta que recoloque varios grupos de gansos que atacan os veciños

O Concello di que xeran problemas de salubridade e de seguridade viaria

Solicitan a presenza de axentes medioambientais para concretar as accións a desenvolver

Gansos que atacan os veciños (Concello de Betanzos) Gansos que atacan os veciños (Concello de Betanzos)
G24.gal 16/05/2024 17:33

O Concello de Betanzos solicitou a intervención de Patrimonio Natural da Xunta para que se faga cargo da retirada, traslado e recolocación de varios grupos de gansos que xeran "problemas de salubridade" e que mesmo "atacan" os veciños.

Os animais, algúns domésticos, habitan na contorna do paseo da Galera desde hai semanas e ocasionan problemas tanto aos residentes desta zona como aos que transitan pola avenida do Carregal. Segundo un comunicado do Concello, arredor do río Mendo existe unha proliferación de gansos e patos que xeran problemas de salubridade porque deixan sucias as beirarrúas e as entradas aos portais cos seus excrementos.

Tamén ocasionan problemas de seguridade viaria ao invadir a calzada e os accesos aos garaxes. Ademais, os animais en varias ocasións atacaron os veciños cando tentaban entrar nas súas vivendas ou, simplemente, paseaban preto delas.

Por iso, o Concello solicita a presenza de axentes de medio ambiente para determinar e concretar as accións a levar a cabo cos gansos, xa que se considera que as hai tanto de orixe doméstica como salvaxes. Segundo persoal técnico consultado polo Goberno local, a solución pasaría por retirar os animais e trasladalos a un centro de protección ou a un hábitat non urbano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade