Publicador de contidos
Publicador de contidos

Betanzos xa pode beber auga da billa, un mes despois de detectar un virus na traída

Betanzos xa pode beber auga da billa, un mes despois de detectar un virus na traída

As últimas analíticas da auga deron negativo en virus, pero seguirase reforzando a vixilancia sanitaria do abastecemento 

G24.gal 28/06/2023 17:28 Última actualización 28/06/2023 21:05

O Concello de Betanzos decretou o levantamento das restricións do servizo de abastecemento de auga despois de que as últimas analíticas da Xunta desen negativo, segundo informan Concello e Sanidade.

Aínda así, reforzarase a vixilancia sanitaria do abastecemento para asegurar a calidade da auga e faranse as analíticas de verificación que sexan necesarias, dixo a consellería de Sanidade nunha nota.

O gromo de gastroenterite empezou o 28 de maio, hai un mes, cando o Concello de Betanzos tivo coñecemento de que se detectaran 60 casos no centro de saúde da vila.

Aínda que inicialmente se buscou unha bacteria que non apareceu e non se detectou o virus causante da enfermidade na auga ata varios días máis tarde, o Concello decidiu restrinxir a inxesta de auga no municipio, de 13.000 habitantes.

O gromo rexistrado rozou os 500 casos e o virus apareceu mesmo nunha fonte dun manancial, sen conexión coa rede.

Durante este tempo, o consistorio repartiu auga embotellada entre os veciños e distribuíu en camións cisterna auga potable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade