Bildu acorda votar a favor dos presupostos do Estado
Bildu acorda votar a favor dos presupostos do Estado
Otegi di que se produciron os avances suficientes para votar si ás contas públicas
Os PXE votaranse esta semana no Congreso antes de remitilos ao Senado
Esta semana celébrase no Congreso un novo pleno no Congreso para debullar, partida por partida, os Presupostos Xerais do Estado. A votación final será o xoves, pero EH Bildu xa anunciou este luns que os seus cinco deputados votarán a favor das contas públicas.
O líder do PP aféalle ao Goberno o apoio de Bildu aos Presupostos. Fíxoo dende Vitoria, onde visitou o Centro Memorial das Vítimas do Terrorismo.
"Por respecto ás familias dos asasinados, aos extorsionados, aos mutilados, aos secuestrados, pero sobre todo, por respecto á nosa democracia, non se pode pactar con terroristas, nin os presupostos, nin emendas nin nada", asegurou Pablo Casado.
Mentres tanto, o executivo segue sumando votos. Hoxe tamén anunciaron o seu apoio os dous deputados de Más Madrid.
Quen mantén a incógnita, polo momento, é Esquerra Republicana de Cataluña. A voceira no Congreso de En Comú Podem, a pata catalá de Unidas Podemos, Aina Vidal, pídelles aos independistas que lle devolvan o apoio que eles prestan aos Presupostos da Generalitat.
Tras pasar polo Congreso, os presupostos enviaranse ao Senado.