Publicador de contidos
Publicador de contidos

Junts eleva a tensión: decidirá minutos antes do pleno a súa posición sobre a Mesa do Congreso

Junts eleva a tensión: decidirá minutos antes do pleno a súa posición sobre a Mesa do Congreso

Bildu descarta que o PNV poida presidir o Congreso

Cinco chaves para seguir a constitución das novas Cortes

Os membros de Junts recollen as súas catas de depuados no Congreso (EFE/ J.J. Guillén)
G24.gal 14/08/2023 14:28

Haberá suspense ata o último minuto. A composición da Mesa do Congreso non se resolverá ata o mesmo xoves, o día que arranca a nova lexislatura. Junts, o partido clave, non tomará a decisión ata a mañá desde mesmo día. A reunión da Executiva de JxCat será telemática e terá lugar o xoves 17 entre as 8:00 h e as 9:45 h, quince minutos antes do inicio do pleno. 

Na convocatoria da reunión realizada por Jordi Turull, este insiste na necesidade de que os líderes, portavoces e negociadores garden silencio sobre o desenvolvemento das negociacións, algo que segundo as mesmas fontes é un requisito esixido polo expresidente da Generalitat e líder da formación, Carles Puigdemont.

Puigdemont insistiu hoxe na súa esixencia de gardar silencio para non causar interferencias na negociación a través do seu perfil en Twitter, ao recomendar "paciencia, perseveranza e perspectiva". Tamén esixía unha negociación directa co PSOE e salientaba de que, a medida que se achega a data o día 17, "crece o nerviosismo" e "sobe a poxa". 

O PSOE non tardou en afearlle a conduta e reclamoulle discreción. A espera do que decidan os cataláns, PP e PSOE loitan con todas as armas pola presidencia do Congreso sen desvelar os seus candidatos. Pero Coalición Canaria propón unha terceira vía; que a presida o PNV. Unha opción que descarta tanto do PSOE coma EH Bildu: "Non está sobre a mesa nin como posibilidade", di Mertxe Aispurua, a voceira dos vascos no Congreso. 

O PSOE fala con todos e asegura que hai tempo para chegar a un acordo, pero Sumar admite a preocupación e reclama o seu peso. Un papel "importante", en palabras da nova voceira na Cámara Baixa, Marta Lois. 

Os socialistas están moi pendentes de Junts pero Bildu reclama o papel do independentismo de esquerdas e lembran que os seus votos, xunto cos de ERC e o BNG son determinantes. 

Para o PP os pactos entre a esquerda só xerarán máis inestabilidade e agarda que o rei propoña a Feijóo como candidato para rematar coa "incerteza que xeraría un goberno de 24 partidos nos que todos reclamarían postos". Se Feijóo fose á investidura a finais de agosto e non conseguise os votos para saír presidente, en dous meses volveriamos votar, sempre e cando non se conformase outra maioría alternativa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade