Boas perspectivas de negocio nesta edición de Conxemar
Boas perspectivas de negocio nesta edición de Conxemar
Participan 770 empresas de máis de 40 países
As empresas galegas que participan en Conxemar buscan presentar as súas últimas novidades, abrir novos negocios e aumentar contratos con clientes.
Con máis de 60 anos de historia, Pescapuerta busca provedores en novos lugares para expandir a súa produción. Os encontros que fagan aquí axudarán o negocio, malia que sexa difícil cuantificalo.
Os mercados xa son sólidos e as empresas buscan tamén oportunidades na restauración, adaptándose ás necesidades do sector. Os contactos nesta feira permiten presentar novidades e adiantan pedidos, moitas veces xa enfocados á campaña do Nadal.
Na feira deste ano hai presentes 43 países, algúns por primeira vez, como Tanzania, Kenya e os Emiratos Árabes, abrindo novas oportunidades. Participan 770 empresas, un 13 % máis ca en 2022.