Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bos datos na restauración das vilas costeiras das Rías Baixas

Bos datos na restauración das vilas costeiras das Rías Baixas

Algúns establecementos tiveron un 50 % máis de clientela este agosto comparado co ano pasado

G24.gal 01/09/2024 14:14

A restauración nas vilas turísticas das Rías Baixas traballou moi ben en agosto, sobre todo a primeira quincena.

Máis frouxo foi xullo polo tempo irregular. Moitos establecementos teñen problemas para atopar traballadores.

En restaurantes como o Loureiro de Bueu están moi satisfeitos do mes de agosto: Serven unha media de 150 comidas ao día. Medrou a súa clientela un 50 %. É un restaurante de comida tradicional con peixes e mariscos como outros que hai na vila de Bueu aos que acoden habitantes e turistas de toda a zona que non atopan unha oferta como esta nas súas vilas.

Tamén foi un bo agosto no chiringuito de Carmen na praia de Agrelo. Sorprendeulles a presenza de moitos estranxeiros e os mellores días foron os da ponte de agosto. Xullo foi bastante malo a pé de praia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos