Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas intenta aplacar os prezos da enerxía e emanciparse de Rusia

Bruxelas intenta aplacar os prezos da enerxía e emanciparse de Rusia

A UE autorizará penalizar fiscalmente os "beneficios caídos do ceo" das eléctricas

Tamén vai promover diversificar a compra de gas e incrementar as reservas

A Comisión aspira a reducir nun 66 % a dependencia da UE do gas de Rusia nun ano

G24.gal 08/03/2022 16:00

Era unha medida que ata hai ben pouco parecía un tabú, pero a Comisión Europea (CE) acepta por primeira vez que as empresas enerxéticas paguen máis impostos por eses cartos extraordinarios que gañan cando se dispara a factura da luz.

Deste xeito, os países membros da UE poderán empregar eses recursos adicionais para axudar a familias en riscos de pobreza enerxética. 

Así, os países da UE poden recuperar parte dos chamados "beneficios caídos do ceo" que reciben as empresas eléctricas, dentro dunha serie de medidas deseñadas para que se poidan amortecer os prezos récord da enerxía.

"Os Estados membros poden considerar impostos temporais sobre os beneficios caídos do ceo das empresas eléctricas, sempre que non sexan retroactivas e permitan aos produtores de electricidade cubrir os seus custos e protexer o mercado a longo prazo", sinala unha comunicación da Comisión

A UE cifra o potencial de ingresos para as arcas públicas en 200.000 millóns de euros.

O sistema marxinalista que rexe o mercado eléctrico europeo funciona de forma que a tecnoloxía de xeración máis cara fixa o prezo do resto das fontes na poxa diaria, co que as compañías eléctricas que producen pouca enerxía con gas pero que cobran todo ese prezo obteñen o que se coñece como "beneficios caídos do ceo".

Ao mesmo tempo, a Comisión tamén vai aprobar aumentar durante a primavera e o verán as reservas estratéxicas de gas, ata un 90 %, con compras conxuntas, diversificando os provedores, de maneira que se reduza a ameaza de corte de subministración por parte de Moscova.

Excesiva dependencia de Rusia

A proposta lexislativa limitaría a capacidade de operadores como a compañía rusa Gazprom de poñer en perigo as reservas de gas no bloque comunitario, de forma que non poidan comprometer a seguridade de subministración.

"Á luz da actual situación xeopolítica, a Comisión prevé que esta proposta legal identifique os almacéns de gas como infraestruturas críticas e introduza disposicións para atallar os riscos da súa propiedade", salienta un documento presentado nunha conferencia de prensa polo vicepresidente responsable do Pacto Verde Europeo Frans Timmermans e a comisaria de Enerxía Kadri Simson. 

O gas segue a súa escalada de prezos O gas segue a súa escalada de prezos

O Executivo comunitario propón reducir a dependencia dos hidrocarburos rusos a curto prazo e facilitar tamén "ferramentas" para que os Estados membros da UE poidan aplacar o histórico shock dos prezos enerxéticos, que se dispararon aínda máis desde a invasión de Ucraína.

"Debemos defender los intereses europeos e incrementar a nosa resiliencia. É evidente que somos demasiado dependentes de Rusia nas nosas necesidades enerxéticas", declarou en conferencia de prensa o vicepresidente da Comisión Europea responsable do Pacto Verde Frans Timmermans.

Importacións de Rusia na UE

A UE importa de Rusia o 40 % do gas que consume, o 27 % do petróleo e o 46 % do carbón, que en 2021 foron 148.000 millóns de euros en ingresos para Moscova. A Comisión aspira a reducir nun 66 % a dependencia da UE do gas de Rusia nun ano.

Esto implicaría un esforzo para substituir 100.000 millóns de metros cúbicos diversificando provedores de gas, acelerando a despregadura de renovables, mellorando a eficiencia enerxética, elevando as importacións de gas natural licuado, producindo hidróxeno verde e recorrendo ao biometano, de forma que os agricultores se convertan en "produtores de enerxía".

"É difícil, fodidamente difícil, pero é posible", dixo Timmermans.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade