Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas non revisará o veto ao arrastre ata que se pronuncie a xustiza

Bruxelas non revisará o veto ao arrastre ata que se pronuncie a xustiza

O presidente da Federación Nacional de Confrarías di que a sentenza pode tardar anos

G24.gal 22/02/2023 09:02

Bruxelas non revisará os vetos á pesca de fondo mentres a xustiza non responda os recursos presentados contra a medida. A sentenza pode tardar anos. Iso é o que lles trasladou onte o comisario de Pesca aos representantes do sector cos que se reuniu. O presidente da Federación Nacional de Confrarías Basilio Otero explicaba no Galicia por diante que estaba previsto contar cun novo informe de avaliación en maio, pero: "Onte díxonos que antes de ter un novo informe tiña que contestar a xustiza os recursos que fixo tanto España como o PP de Burela. E eses recursos soen tardar anos".

O sector está moi preocupado ante o anuncio da Comisión de aumentar o veto á pesca de fondo, que pasará do 12 por cento actual ao 20 por cento o próximo ano. Otero di: "O arrastre xa ten prohibido no norte pescar en fondos inferiores a cen metros de profundidade, no Mediterráneo inferiores a 50 metros... Xa é máis dese 20 por cento". Engade que o comisario confunde os efectos de distintas artes de pesca: "Fala de arrastre, logo fala de pesca de fondo... Vai pasar como pasou agora, que quixo prohibir o arrastre e o que máis afectou foi o palangre de fondo".

Otero cre que a única esperanza é que o cargo cambie de mans nas próximas eleccións europeas, que se celebrarán dentro dun ano, e que a persoa que substitúa a Virginijus Sinkevicius rectifique estas políticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade