Bruxelas propón reducir as capturas de atún no Índico
Bruxelas propón reducir as capturas de atún no Índico
A proposta discutirase no mes de maio na Conferencia Internacional do Atún
A posición da UE baterá contra a de países de África, Asia ou Oceanía
A Unión Europea propón unha diminución das capturas de atún no océano Índico durante un plan de varios anos.
A proposta discutirase en maio, na conferencia internacional sobre ese peixe no Índico, e onde os intereses europeos estarán enfrontados cos de países como as Filipinas, Australia ou A India.
Europa quere trasladar ao eido global as esixentes condicións da súa política pesqueira común.
Bruxelas propón unha redución significativa das capturas de atún de aleta amarela, do patudo e o bonito de ventre raiado nun plan de tres anos. Son as especies tropicais de atún presentes no Índico.
As autoridades comunitarias apóianse en informes científicos que sitúan a súa pesca en niveis insostibles.
Para gañar o apoio de países como as Filipinas, Kenya ou Omán, a Comisión propón adaptar a diminución segundo o desenvolvemento económico de cada país.
Pero Bruxelas tamén quere máis inspeccións en alta mar e condicións estritas ao instalar os dispositivos electrónicos que concentran aos peixes na pesca.
Son propostas que baterán contra a posición de países africanos, asiáticos ou de Oceanía.