Cargando resultados...
Buscan a persoa que matou un podengo en Mondariz e o tirou a un colector do lixo
Buscan a persoa que matou un podengo en Mondariz e o tirou a un colector do lixo
O animal apareceu coa femoral seccionada e con diversas picaduras por todo o corpo
G24.gal
10/02/2023 13:15
Aínda quedan restos de sangue no colector onde Solpor acabou moribundo. Malia os esforzos da protectora os Biosbardos e dos veterinarios da clínica onde o levaron tiña tantas feridas que non o puideron salvar.
Era un podengo seguramente que pasou a vida destinado á caza. A protectora pagará a necropsia nun coñecido hospital veterinario de Lugo para certificar as lesións do can e poder avanzar na investigación.
Os Biosbardos piden colaboración cidadá para localizar á persoa que deixou ás portas da morte o animal dentro do colector. O can puido ser atopado grazas aos seus últimos ouveos de dor que un veciño escoitou, foi el quen alertou os rescatadores.