Buscan tres menores por unha malleira a un mozo en Ribeira
Buscan tres menores por unha malleira a un mozo en Ribeira
Os feitos sucederon de madrugada no lugar da Capela, en Carreira
A Policía Local de Ribeira pide a colaboración cidadá para dar con eles e identificalos
A Policía Local de Ribeira e a Policía Nacional investigan unha agresión a un mozo durante a pasada madrugada na zona da Capela ao remate das festa da Virxe da Guía en Carreira.
Solicitan a colaboración cidadá para identificar os autores da malleira.
Buscan tres rapaces en aparencia menores de idade, xa que terían uns 16 anos. Os feitos sucederon contra as 6:15 da mañá deste domingo, nas proximidades da escola e dun supermercado no lugar da Capela en Carreira. Celebraba a localidade as festas da Virxe da Guía e tras rematar as celebracións produciuse a malleira.
O mozo agredido sufriu lesións na faciana e perdeu varias pezas dentais como consecuencia dos golpes recibidos.