Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan os atracadores dun banco en Arbo ao que accederon por un buraco

Buscan os atracadores dun banco en Arbo ao que accederon por un buraco

Os empregados da oficina atoparon dentro os ladróns cando abriron á primeira hora da mañá

G24.gal 29/12/2023 17:56

Dous ladróns atracaron na mañá deste venres un banco en Arbo, ao sur da provincia de Pontevedra. A Garda Civil está a investigar un atraco a unha entidade bancaria á cal os ladróns accederon polo oco dunha xanela. Os dous individuos esperaron dentro da sucursal a que chegasen os empregados, segundo fontes da investigación.

Os feitos ocorreron sobre as 8:30 horas e, no momento en que os empregados accederon aos seus postos de traballo, os atracadores xa estaban dentro. Cando chegaron os traballadores, atáronlles as mans para poder así os delincuentes facerse con parte do diñeiro que naquel momento había na oficina, cuxa cantidade aínda se descoñece.

 A partir de aí, fuxiron da oficina, situada na rúa Vázquez Estévez, polo que agora os traballos céntranse en localizar o paradoiro destas persoas. As forzas de seguridade sospeitan que haxa un terceiro implicado que estaba fóra para fuxir nun vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade