Helicópteros e cans adestrados reforzan a busca dos anciáns desaparecidos en Pol e Abadín
Helicópteros e cans adestrados reforzan a busca dos anciáns desaparecidos en Pol e Abadín
O operativo de busca rematou onte á unha da madrugada e comezou á primeira hora da mañá deste mércores
Traballan contra reloxo para que non pase outra madrugada sen ter noticias de. Manuel Rodríguez Felpeto, de 72 anos, falta desde a tarde do martes da súa casa de Carazo,no concello lugués de Pol.
Como case todos os días saiu pasear despois da merenda, pero xa non volveu a casa. O seu cuñado, co que vive, deu a voz de alarma. A familia está moi preocupada. Veciños e Protección Civil contan coa axuda de cans adestrados da Garda Civil.
Tamén con cans e con helicópteros a Garda Civil ampliou o radio de busca do dispositivo que tenta atopar a Enrique Bolivar, o octoxenario que desapareceu o pasado domingo en Abadín. Nos dispositivos de busca dos dous anciáns participan tamén os drons de Axencia Galega de Emerxencias. Polo momento non deron con ningunha pista.
Segundo a persoa que o viu, “ía en dirección á súa casa”, pero non chegou ao seu domicilio.
“Buscámolo por aquela zona, pero nada. É un lugar con moito monte e tamén hai plantacións de hectáreas e hectáreas de millo”, dixo o rexedor local, quen teme que o ancián se metese entre o sementado e se desorientase.
“Onte, estiven ata a unha da mañá colaborando co operativo de procura, que se renovou esta mañá. Seguimos repasando a zona, pero nada”, lamentou.