Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan no Grove un home que desapareceu tras saír a pescar

Buscan no Grove un home que desapareceu tras saír a pescar

G24.gal 14/11/2021 18:37

A familia dun home que saíu a pescar na zona de San Vicente do Grove este domingo avisou da súa desaparición cunha chamada ao 112 contra as 5 e media da tarde.  O home saíra da súa casa pola mañá.

Ata a zona onde podería estar dirixíronse a lancha Salvamar, o helicóptero Pesca 1 para a busca polo mar, por aire e por terra, axentes da Policía Local do Grove e da Garda Civil e membros de Protección Civil.

Na zona próxima ao xacemento arqueolóxico de San Vicente, atoparon o vehículo do home desaparecido e a súa cana de pescar rota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade