Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan os autores do roubo de dúas pinturas de Degas en Nigrán

Buscan os autores do roubo de dúas pinturas de Degas en Nigrán

Son propiedade dun particular residente no Monteferro

O seu valor no mercado é de varios millóns de euros  

 

G24.gal 23/02/2022 14:51

Polo de agora non hai avances na investigación que tenta determinar as circunstancias e a autoría deste roubo. O propietario das dúas obras de arte, do que non transcendeu a identidade, reside nunha destas vivendas do Monteferro.

Denunciou ante a Garda Civil a súa subtración á volta dunha viaxe cando se decatou da ausencia dos cadros na casa.

Ao parecer os ladróns accederon por unha ventá do inmoble e escaparon sen causar danos nin no interior da vivenda nin no resto propiedade.

Non hai confirmación oficial, pero é posible que a casa non contara con medidas de seguridade.

Os cadros subtraídos, segundo o denunciante, son obra do prestixioso impresionista francés Degas. Pinturas moi cotizadas no mercado que poderían superar entre as dúas os corenta millóns de euros.

A Policía Xudicial de Patrimonio da Garda Civil investiga o caso e rastrexa o paradoiro dos cadros.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade