Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan un condutor que circulou en dirección contraria pola AP-9 en Ferrol

Buscan un condutor que circulou en dirección contraria pola AP-9 en Ferrol

Percorreu polo menos un quilómetro desde a rotonda do barrio naronés de Freixeiro

G24.gal 06/04/2024 17:47 Última actualización 06/04/2024 21:19

Varios corpos de seguridade manteñen aberto un operativo para localizar un condutor que circulou este sábado co seu turismo en dirección contraria no tramo da AP-9 que une os municipios de Narón e Ferrol.

O incidente rexistrouse pasadas as 9:30 horas, cando o 112 Galicia recibiu chamadas de alerta de varias persoas, á altura do quilométrico 34, no ramal de entrada á cidade ferrolá da Autoestrada do Atlántico.

Tras percorrer polo menos un quilómetro desde a rotonda do barrio naronés de Freixeiro, o condutor abandonou a vía, xa no municipio de Ferrol, pero os corpos de seguridade non concretaron en que punto.

O suceso, que se saldou sen danos persoais ou materiais noutros vehículos, obrigou a Policía Local de Narón a acudir á zona para controlar a circulación e velar pola seguridade do resto de turismos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade