Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue a busca do home de 76 anos con alzhéimer desaparecido en Carballo

Segue a busca do home de 76 anos con alzhéimer desaparecido en Carballo

Toparon a cazadora que levaba posta nun monte próximo á súa vivenda

Unhas 50 persoas, veciñas da parroquia, sumáronse aos labores de rastrexo
G24.gal 16/10/2022 12:47 Última actualización 16/10/2022 20:43

Luciano, de 76 anos, foi visto por última vez na tarde do venres preto da igrexa de Berdillo, no concello de Carballo. Ata alí adoita camiñar desde a súa casa case a diario.

"Viste unha cazadora negra de coiro, un pantalón vaqueiro, uns zapatos marróns e un paraugas negro con cadros granates", asegura Yolanda Duarte, coidadora de Luciano que deu a voz de alarma.

Luciano sofre alzhéimer, pero nunca confundira o camiño de volta á casa, aínda que nalgunha ocasión si sufrira caídas.

“Ese é o noso problema, saber se caeu nalgún sitio e non puido erguerse”, lamenta.

Na tarde do domingo atoparon a cazadora que levaba posta nun monte próximo á súa vivenda, pero polo de agora a busca non deu resultado.

Nos labores de rastrexo participan un helicóptero da Garda civil, cinco unidades caninas e 50 persoas veciñas da parroquia. 

Cando desapareceu Luciano levaba un pantalón vaqueiro e zapatos marróns Cando desapareceu Luciano levaba un pantalón vaqueiro e zapatos marróns
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade