Buscan un home de 78 anos desaparecido este mércores no barrio ferrolán de Caranza
Buscan un home de 78 anos desaparecido este mércores no barrio ferrolán de Caranza
Trátase de Ricardo López Fernández, de 78 anos
Efectivos de emerxencias, veciños e familiares buscan un home desaparecido desde este mércores do seu domicilio do barrio ferrolán de Caranza.
Trátase de Ricardo López Fernández, de 78 anos.
Segundo consta na denuncia presentada, é un home de complexión delgada, 1,70 metros de altura e pelo moreno.
A última vez que foi visto vestía pantalón gris, camisa a cadros, xersei azul e zapatos marróns.
Tanto a policía coma a plataforma SOS Desparecidos fixeron un chamamento á cidadanía para que achegue calquera información sobre o paradoiro deste home.
O desaparecido falta do seu domicilio desde este mediodía e realízanse batidas pola contorna da súa residencia coa participación, entre outros, de unidades caninas de rastrexo.