Buscan un home de 81 anos desaparecido desde o mércores ao serán na Rúa
Buscan un home de 81 anos desaparecido desde o mércores ao serán na Rúa
A Garda Civil coordina un operativo de procura para dar co paradoiro de Marino Macías
As forzas de seguridade buscan nos arredores de San Xulián, no concello da Rúa, un veciño de 81 anos do que nada se sabe dende hai xa 24 horas.
Marino Macías, que así se chama, vive coa súa irmá e o seu cuñado, que foi o último en velo contra as doce do mediodía de onte. Contan que acostuma pasear polas pistas que hai arredor desta aldea de montaña, a máis alta do concello da Rúa.
Din que Marinoucho, como todos o coñecen, nunca se afastaba e sempre volvía á casa, así que non saben que foi o que puido pasar.
Un amplo operativo de busca anda á súa procura dende onte ao serán. Dez patrullas da Garda Civil, incluído o Seprona, a Garda Civil de montaña e a Unidade Canina. Tamén Protección Civil da Rúa, Policía Local, o GES do Barco, familiares e veciños.
Marino Macías ten problemas de oído e de visión, e no momento da súa desaparición vestía unha chaqueta gris de pana.