Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan un home na Coruña que agrediu cunha arma branca un condutor de bus urbano

Buscan un home na Coruña que agrediu cunha arma branca un condutor de bus urbano

O atacante causoulle un pequeno corte na man ao traballador a quen tratan de localizar as forzas de seguridade

Momento da agresión conta o condutor do autobús na Coruña
G24.gal 31/08/2024 18:37

A Policía Local e a Nacional da Coruña buscan un home como presunto autor dunha agresión con arma branca ao condutor dun autobús urbano na Mariña.

O suceso produciuse contra as 21:30 horas do venres cando un home, que se atopaba na rúa, agrediu ao condutor desde o portelo. A vítima, que quedou ferida nunha man, xa interpuxo unha denuncia por estes feitos.

O incidente obrigou a desaloxar o autobús ante a chegada da Policía Local. A compañía de Tranvías da Coruña lamenta os feitos e condena "calquera agresión" aos condutores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade