Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan un veciño de 56 anos da Cañiza desaparecido dende o pasado mércores

Buscan un veciño de 56 anos da Cañiza desaparecido dende o pasado mércores

A última vez que foi visto saíu dar un paseo polo río Deva e non volveron saber nada del

G24.gal 03/02/2024 17:02 Última actualización 03/02/2024 17:14

A Garda Civil, voluntarios e persoal da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) buscan a Manuel Álvarez Casal, un home de 56 anos veciño do municipio pontevedrés da Cañiza, desaparecido dende o pasado mércores.

Segundo explicou o 112 Galicia, a familia avisou da súa desaparición á central de emerxencias o xoves, tras buscalo cos seus propios medios e non localizalo.

A última vez que o viron foi nas proximidades do seu domicilio, na parroquia de Valeixe. O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) desprazouse ata alí este sábado cos drons para continuar coa procura.

Manuel Álvarez, que mide 1,70, é de complexión delgada e ten o pelo moreno e ollos verdes, saíu o mércores dar un paseo polo río Deva e non volveron saber nada del.

Nos labores de procura participan tamén voluntarios de Protección Civil de Cortegada e Oitavén-Tea, así como axentes da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade