Buscan un veciño de Carballedo, de 79 anos, desaparecido o luns
Buscan un veciño de Carballedo, de 79 anos, desaparecido o luns
José Luis González foi levar unhas ovellas a un prado, preto da súa casa na Raña, e xa non regresou
O desaparecido padece demencia e a última vez que o viron foi camiñando por unha estrada preto da aldea de Nande
Efectivos da unidade canina xunto co helicóptero da Garda Civil sumáronse este martes os labores de busca para intentar localizar a José Luis González López.
Este veciño de Carballedo, de 79 anos, padece demencia. Este luns pola mañá foi levar unhas ovellas a un prado, ao carón do seu domicilio. Ao ver que non regresaba a súa muller foino buscar pero xa non o atopou.
A última vez que o viron foi camiñando pola estrada preto da aldea de Nande, lindeira coa da Raña, onde reside. Vai vestido de marrón e leva unha boina negra.
A familia solicita a colaboración cidadá por se alguén o viu.