Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan unha galega desaparecida en Cataluña

Buscan unha galega desaparecida en Cataluña

Adelina Pintos Meiriño ten 81 anos e síntomas de alzhéimer

Orixinaria do concello ourensán de Piñor, reside dende hai moitos anos na localidade catalá de Sant Just Desvern

A familia pide a colaboración cidadá para atopala cando se cumpre un mes da súa desaparición

G24.gal 08/04/2022 14:48

Preocupación no concello ourensán de Piñor pola desaparición en Barcelona dunha veciña que adoitaba regresar cada pouco a Galicia. A súa familia está pendente de calquera pista que poida levar ata o seu paradoiro. 

Adelina Pintos Meiriño, ten 81 anos e a súa familia búscaa sen descanso dende que desapareceu hai un mes. Malia que ten raíces galegas, reside na localidade catalá de Sant Just Desvern dende hai moitos anos. A súa familia, a que vive en Cataluña e a de Galicia, non descansa na súa busca dende o pasado seis de marzo.

Aquí están as súas raíces, na aldea de Cotelas, no concello ourensán de Piñor, onde comprou e rehabilitou a casa á que volve cada ano polo verán. A familia pide que en caso de que alguén teña algún dato sobre o paradoiro de Adelina se poña en contacto coas forzas de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade