Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan unha muller de 54 anos desaparecida en Cangas desde o luns pasado

Buscan unha muller de 54 anos desaparecida en Cangas desde o luns pasado

Os familiares de María del Carmen Gómez Núñez denunciaron ante as forzas da orde a súa desaparición

G24.gal 29/09/2023 11:50 Última actualización 01/10/2023 10:28

A Asociación SOS Desaparecidos emitiu este venres unha alerta para solicitar a colaboración cidadá na localización dunha muller de 54 anos, desaparecida na localidade pontevedresa de Cangas desde o pasado luns.

En concreto, trátase de María del Carmen Gómez Núñez, da que non se sabe nada desde que abandonou o seu domicilio o día 25. A muller ten o pelo moreno con mechas louras, os ollos castaños e cando desapareceu vestía un vaqueiro azul e unha camiseta de cor vermella. Mide 1,63 metros e é de complexión delgada.

Os seus familiares denunciaron ante as forzas da orde a súa desaparición e a Garda Civil tamén está a facer xestións para tratar de localizala. A súa filla Verónica pensa que pode estar anímicamente afectada pola morte da nai.

Garda Civil, Policía Local e Proteción Civil búscana nas zonas que adoitaba frecuentar como a vella nave de Massó.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade