Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue a busca dunha muller de 77 anos en Trazo, desaparecida desde o martes

Segue a busca dunha muller de 77 anos en Trazo, desaparecida desde o martes

A Benedicta Pereiro perdéuselle a pista no lugar do Rial

G24.gal 17/11/2021 13:25

Benedita Pereiro Pose, de 77 anos, foi vista por última vez na tarde do martes preto da súa casa onde vive co fillo na aldea do Rial, no concello coruñes de Trazo. Transcorridas as horas e ao ver que non regresaba, a familia deu aviso á Garda Civil.

A partir dese momento dispúxose un operativo de busca, no que ademais dos axentes da benemérita de Ordes e de Santiago, participa Protección Civil e a Policía Local de Trazo, axudados por varios cans adestrados na busca de persoas.

Moitos veciños sumáronse tamén a este despregamento. O operativo está formado por unhas 50 persoas dividadas en sete grupos, que foron ampliando o radio de busca.

Fontes da Benemérita manifestaron que a muller padece alzhéimer e párkinson. A súa familia afirmou tamén que non é a primeira vez que Benedita marcha da casa para ir á aldea onde naceu, a uns oito quilómetros do seu actual domicilio.

Precisamente foi na zona da súa aldea un dos lugares onde primeiro se buscou a Benedita. O operativo de busca suspendeuse coa chegada da noite e retomarase coas primeiras luces do día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade