Buscan un mozo por facer graffitis de forma ilegal en Brión
Buscan un mozo por facer graffitis de forma ilegal en Brión
Firma as súas pintadas como Swen 1312
Enfróntase a multas de entre 100 e 150.000 euros
Non é unha, nin dúas... son moitas as pintadas que se poden atopar no concello de Brión. Os veciños falan de moitos graffiti nas paredes de diferentes zonas do lugar, moitos deles en propiedades privadas, que afean a contorna.
Algunhas destas pintadas parecen ter un autor claro, Swen 1312. A Policía Local e a Garda Civil séguenlle a pista.
Non só enche as fachadas de graffiti, tamén takea a súa firma en diversos elementos do mobiliario urbano e mesmo fixo adhesivos. Aínda que moitos xa nin os ven de tanto tempo que levan nas paredes.
O Concello pediu colaboración cidadá para descubrir o autor que sospeitan que sería un rapaz duns vinte anos, moreno, delgado e de pelo curto.
O graffiteiro enfróntase a multas que poden ir desde os 100 euros ata os 150.000 dependendo do lugar onde pinte. Os veciños de Brión están de acordo en que pague as multas e que cos cartos se proceda á limpeza das pintadas.
Swen 1312 terá que ir pensando en deixar a súa arte para outros lenzos.