Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae co coche nun regato de Ourense e marcha polo seu propio pé antes de que chegue a policía

Cae co coche nun regato de Ourense e marcha polo seu propio pé antes de que chegue a policía

Ao parecer, o coche foi visto durante toda a semana facendo manobras de risco na zona

G24.gal 19/10/2024 18:28

Estraño accidente o que se rexistrou nas aforas de Ourense. Un coche caeu nun regato logo de romper o balado de protección. Segundo as testemuñas, o condutor saíu polo seu propio pé e deixou o vehículo abandonado no leito.

Malia que o accidente se produciu de madrugada, o automóbil non puido ser retirado ata ben entrada a tarde deste sábado polas dificultades que presentaba a zona. Ao parecer, o coche foi visto durante toda a semana facendo manobras de risco na zona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade