Cae unha árbore centenaria en Vigo sen causar danos
Cae unha árbore centenaria en Vigo sen causar danos
Ocorreu esta pasada noite sen causar feridos, a pesar das grandes dimensións do exemplar
A Policía Local cortou a rúa Manuel Olivié mentres os bombeiros realizaban as tarefas para retirar a árbore da calzada
En Vigo tiveron un susto a pasada noite. Unha árbore de grandes dimensión derrubouse na rúa Manuel Olivié, moi preto da praza de España. Por sorte, ninguén quedou ferido nin houbo danos materiais.
Esta mañá seguía cortada aos peóns un tramo da beirarrúa. O tronco e restos da árbore que caeu onte contra as nove da noite, seguían a ocupar a beira. Afortunadamente a derruba da árbore tampouco causou danos materiais.
E "sorte" é o que máis se repetía entre os que hoxe pasaban pola zona pois a árbore, de grande envergadura, tiña un tronco de case un metro de diámetro.
Tampouco foi sorpresa para algúns, pois non é a primeira vez que ocorre e cren que é preciso facer un estudo da saúde das árbores, pois segundo a veciñanza hai máis exemplares que teñen perigo de caer.
Desta volta non houbo que lamentar feridos nin estragos materiais e tan só tivo que ser cortada a rúa pola Policía Local, mentres os bombeiros cortaban algunhas das ramas para despexar a zona.