Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae unha pedra duns quince quilos dunha fachada do centro da Coruña

Cae unha pedra duns quince quilos dunha fachada do centro da Coruña

Non houbo que lamentar danos persoais e todo quedou, por sorte, nun susto

G24.gal 20/08/2024 14:00

"Eu estaba traballando e escoitei un ruído moi forte. Mirei e xa vin a toda a xente correndo...".

Foi o forte estrondo que fixo unha pedra, duns quince quilos, ao caer desde a cornixa dun inmoble da céntrica rúa Compostela, a carón da praza de Lugo. "Eran as nove menos cuarto e esta zona estaba ateigada de xente. Foi un milagre que non lle dese a ninguén". 

A zona segue acordoada e, esta mañá, eran moitos os que se detiñan diante da fachada pensando no que puido pasar.

Tres patrullas da Policía Local desprazáronse á zona. Tamén os bombeiros para sanear a fachada e asegurarse de que non había máis partes dela con risco de desprendemento.

Agora investíganse as causas polas que puido caer a pedra de grandes dimensións do edificio, un dos máis modernos desa rúa peonil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade