Cae unha rede criminal dedicada a cometer estafas bancarias por Internet
Cae unha rede criminal dedicada a cometer estafas bancarias por Internet
A investigación xurdiu tras a denuncia dunha empresa do Grove
Actuaban mediante correos 'phising' que instalaban software malicioso
En cuestión dunhas horas, unha empresa do Grove viu como baleiraban as súas contas bancarias mediante un programa que usurpara as súas claves bancarias.
A súa denuncia permitiulle ao xulgado número 1 de Cambados poñer en marcha a operación da Garda Civil, de nome Marware, que investigou 32 persoas, 21 delas en Madrid, catro en Ourense , outras catro en Portugal e tres máis en Toledo.
Mediante un software malicioso instalado no ordenador da vítima, a rede conseguía desviar ás súas contas importantes sumas de diñeiro.
Entre os detidos está o encargado de recrutar as "mulas económicas", pezas fundamentais da trama ao ser quen facilitan as súas contas bancarias á organización para retirar o estafado.
O primeiro que facían era a captación mediante correos 'phising' a distintas empresas en que suplantaban unha entidade bancaria e, unha vez instalados, os programas maliciosos accedían ás claves das contas bancarias comerciais.