Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os campamentos de verán, espazo de convivencia e conciliación

Os campamentos de verán, espazo de convivencia e conciliación

A oferta de prazas para este ano en Galicia achégase ás once mil

G24.gal 16/07/2022 14:59

Chegaron onte e xa se coñecen como se fosen amigos de toda a vida. É o espírito que se respira nas instalacións xuvenís Virxe de Loreto, en Porto do Son, onde uns cento vinte mozos de entre catorce e quince anos participan nunha nova edición dos campamentos de verán.

Este ano os campamentos de verán en Galicia ofrecen preto de once mil prazas. Durante uns dez días os rapaces realizan actividades deportivas e de convivencia, mentres reforzan lazos de amizade e colaboración mutua.

Teñen as clases de iniciación de caiac, surf e body-caiac, e despois dentro do campamento estaban con supervivencia: unhas nocións básicas de orientación, como montar un vivac, e escalada, relata Brais Couto, director do campamento Virxe de Loreto en Porto do Son.

Aproveitando unha temperatura ambiente envexable de dezanove graos por mor das néboas, a conselleira de Política Social salientaba na praia sonense da Aguieira, a importancia desta iniciativa.

Van ser uns días inesquecibles para os nenos, nos que compartir, facer novos amigos, poder vivir novas experiencias e que os campamentos de verán son un recurso de conciliación único para os pais, comentaba Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude.

A conselleira tamén lembrou que xa está aberto ata setembro o prazo para acceder aos bonos Coidado, que subvencionan estas actividades con ata cincocentos euros por unidade familiar por nenos de ata doce anos. Baixo o lema "O verán que queres contar", os rapaces atopan nos campamentos un xeito diferente de facer novas amizades e desfrutar da natureza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade