Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cambian os propósitos de Aninovo por metas a curto prazo

Cambian os propósitos de Aninovo por metas a curto prazo

Só o 8 % conseguiu a finais de ano os obxectivos marcados 

G24.gal 03/01/2023 21:15 Última actualización 03/01/2023 21:34

Nin facer máis deporte, nin comer mellor, nin ler máis, nin quitarse de fumar. Parece que o de poñerse metas para o ano a estrear cambiouse, sobre todo entre a mocidade, por ir facendo o que se pode día a día, sen estrés.

O paso do tempo é letal. Segundo os estudos da universidade estadounidense de Scranton, as boas intencións van quedando en nada e case unha cuarta parte abandona antes dunha semana. Aos seis meses, só segue teimando o 40 %. Calcúlase que só un 8 % logra o obxectivo.

Porén, hainos irredutibles que repiten todos os anos e outros con metas moi claras.

Os estudos realizados evidencian que o mellor é poñerse obxectivos realistas e pouco complicados de realizar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade