Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cambio climático nas capas altas da atmosfera: máis lixo espacial e nubes noctilucentes

Cambio climático nas capas altas da atmosfera: máis lixo espacial e nubes noctilucentes

Expertos da NASA, das academias de ciencias da India e de China, e do MIT participaron en Ourense nun encontro científico que se celebra cada dous anos 

Analizaron as consecuencias dos gases de efecto invernadoiro nas capas altas da atmosfera

G24.gal 11/05/2024 13:39

Científicos dunha vintena de países participaron en Ourense nun encontro internacional para analizar os efectos do cambio climático nas capas altas da atmosfera a longo prazo. Os gases de efecto invernadoiro alteran a capa de ozono, con consecuencias que poden ser graves para a vida na terra. Os expertos cren que afectará á meteoroloxía, aos sinais de satélites e de radio, ou aos meteoritos.

"Tamén fai que se incremente a cantidade de lixo espacial acumulada, aumentando a probabilidade de colisións entre satélites, o que case sucedeu o 28 de febreiro".
 

Un inesperado indicador do cambio climático son un tipo de nubes que aparecen tras o solpor e están moi altas, a máis de 70 quilómetros. 

 

"Son as nubes noctilucentes que agora se poden observar nas nosas latitudes e antes non e iso é debido ás emisións antropoxénicas, principalmente as de metano, que fai que a atmosfera se hidrate de máis. É un fenómeno moi belo, visible pola noite de San Xoán, en Ourense desde hai tres anos. Estase volvendo máis frecuente nas nosas latitudes por estas emisións contaminantes".

 

Concienciados ante o impacto do cambio climático, os asistentes a este taller científico usaron materiais reciclados, comeron menús veganos e plantaron castiñeiros para compensar a pegada de carbono dos desprazamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade