Camións cisterna asisten aldeas de Muxía que xa non contan con auga
Camións cisterna asisten aldeas de Muxía que xa non contan con auga
Durante a noite cortan a subministración para que pola mañá teña algo de forza
Unha das comarcas máis afectadas pola seca, quen o ía dicir, é a Costa da Morte. En Muxía hai parroquias que levan semanas recibindo camións cisterna do concello para subsistir.
Trátase concretamente dos lugares de Viseo e Vilachán, pertencentes á parroquia de Morquintián, moi preto de praia Nemiña. A traída da que se serven quedou sen auga por mor da seca deste verán.
Van arranxando a base de cortar a auga durante a noite para que teña algo de forza nas primeiras horas da mañá. Tamén dalgún camión cisterna que veu desde o concello, pero estas circunstancias fan que a auga que chega ás súas casas estea atoldada e non sirva para o consumo humano.
A falta de auga comezou a mediados de agosto, cando a traída comunal da que se serven foi quedando sen auga.
Quéixanse de que os residuos que trae estragan os electrodomésticos. Van resolvendo coa auga propia de pozos, especialmente as explotacións gandeiras que hai na zona.