Unha familia galega fai un chamamento para que aumenten as doazóns de medula ósea
Unha familia galega fai un chamamento para que aumenten as doazóns de medula ósea
A muller de Luis Miguel leva un ano loitando contra unha leucemia miloide aguda que, segundo explica, lles cambiou radicalmente a vida.
Estefanía pasou por varios ciclos de quimioterapia e despois foi sometida a un autotransplante de medula que non funcionou. Diagnosticáronlle unha recaída e o seguinte paso ten que ser conseguir un doador.
E é que o 70 % dos pacientes que precisan un transplante de medula ósea non teñen un doante familiar compatible.
Luis Miguel di que a súa muller loita por vivir e, por ela, decidiu abandeirar unha loita: activar unha campaña nas redes sociais para concienciar da importancia de converterse en doadores de medula.
Luis Miguel quere que a xente saiba que facerse doante de medula e moi sinxelo.
Basta cumprir uns requisitos e inscribirse no Rexistro Español de Doantes.
En Galicia incluso poden recibir na casa probas de saliva e non é necesario picarse.
Os inscritos convértense nunha especie de reservas de vidas, as que poden salvar en caso de producirse a compatibilidade.
A doazón realizase por aférese, un procedemento non invasivo moi similar a unha doazón de sangue e sen consecuencias para o doador.
Un acto altruísta que pode salvar vidas. A de Estefanía ou a de calquera persoa na súa situación.