Publicador de contidos
Publicador de contidos

Campaña de Tráfico desde este luns contra o exceso de velocidade nas estradas galegas

Campaña de Tráfico desde este luns contra o exceso de velocidade nas estradas galegas

O control con radares céntrase nas vías convencionais e nas zonas urbanas

Supoñen sete de cada dez sancións deste tipo impostas

Control da Garda Civil de Tráfico nunha estrada galega Control da Garda Civil de Tráfico nunha estrada galega
G24.gal 16/04/2023 17:39

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) inicia este luns en Galicia unha campaña de control da velocidade centrada nas vías convencionais e as zonas urbanas co obxectivo de reducir os excesos que supoñen sete de cada dez sancións impostas en estradas galegas.

A campaña para reducir a velocidade media nas estradas que dispoñen dun só carril en cada sentido e tamén nas vías urbanas manterase ata o domingo 23 e contará co apoio das respectivas policías locais.

Os controis velarán polo cumprimento dos límites xenéricos e específicos de velocidade, e tamén en adiantamento, tras a entrada en vigor en marzo de 2022 da norma que impide aos condutores pasaren a velocidade en 20 quilómetros por hora para adiantar en vías convencionais, e as distancias entre vehículos.

Reforzaranse os controis naqueles treitos máis perigosos das estradas convencionais onde se produce o maior número de accidentes e de falecidos coa velocidade como factor concorrente.

Búscase así concienciar os condutores da estreita relación entre unha velocidade inadecuada e os accidentes, xa que no 22 % dos accidentes mortais rexistrados en 2019 apreciouse a velocidade como factor concorrente.

Durante a campaña que se desenvolveu en xullo de 2022, 202.411 vehículos foron controlados e 14.144 condutores, o 7 %, resultaron denunciados por exceso de velocidade.

O ano 2021 superáronse en Galicia as 378.798 sancións por velocidade inadecuada, o cal supón sete de cada dez infraccións que se cometeron na estrada nese ano. Delas, 220.677 foron detectadas por radares fixos e 158.121 por radares móbiles. O total de sancións rexistradas en Galicia foi de 509.294.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade